Un vello militante do Bloque, logo de asistir ó xantar da carballeira deste 25 de xullo preguntabase ó dia seguinte, mentras almorzábamos xuntos: Con estas caralladas de carpas para autoridades, catering, separacións por castes e indumentarias, os stands da mercadotécnia enchendo os espazos do campus... non estaremos indo no Bloque cara á división clásica da política galega de boinas e birretes? (ou mellor dito: con carguiño ou sen el).Friday, July 27, 2007
Un vello militante do Bloque, logo de asistir ó xantar da
Un vello militante do Bloque, logo de asistir ó xantar da carballeira deste 25 de xullo preguntabase ó dia seguinte, mentras almorzábamos xuntos: Con estas caralladas de carpas para autoridades, catering, separacións por castes e indumentarias, os stands da mercadotécnia enchendo os espazos do campus... non estaremos indo no Bloque cara á división clásica da política galega de boinas e birretes? (ou mellor dito: con carguiño ou sen el).
Labels:
Без рубрики
posibles precintados na zona vella
Onte á noite, tomando unhas cañas, alguén comentou de pasada que se ía iniciar unha batida de peches de locais na zona vella de Santiago. Nomeadamente falouse de que era paradóxico que a algún concelleiro do bloque lle ía tocar asinar o precintado dun histórico local de ambiente nacionalista que fica escaleiras arriba da Quintana de vivos.
Casualidade ou non, hoxe aparece esta nova no xornal local.
Labels:
Без рубрики
Friday, July 20, 2007
30 anos despois...
É secuestrada unha publicación en españa. Conde Pumpido, fiel á tradición de familia fascista coruñesa solicita á Audiencia Nacional que secuestre a revista "el jueves" disque por inxurias e calumnias á coroa e os seus descendentes...
Inxurias? Calumnias? Que pasa, que os príncipes non foden?, ou é que traballan moito?
Para que despois falen dos musulmáns...O único bo da nova é que con estas cousas a República fica duas cuartas máis perto.
Labels:
Без рубрики
Monday, July 16, 2007
Os únicos que nunca perden

Se vas a un restaurante, e cando estas a rematar o primeiro prato te din que non sirven máis porque lle entrou auga na cociña... non pagas.
Se vas a New York vía Madrid, e ó chegar a Madrid non aparece o avión para continuar viaxe... devólvenche os cartos.
Se o barbeiro te deixa a cabeza a medio cortar porque se sentiu indisposto... non pagas.
Se vas a un concerto de duas horas e media, e ós cincuenta minutos suspendeno porque chove... normalmente devolvese parte dos cartos ou adíase para outra data.
Os dereitos dos consumidores e usuarios é algo que coa democracia se foi mellorando e pulindo... Nembargantes, se a quen hai que reclamar e unha entidade financeira todo se pon costa arriba. O caso do concerto de Sabina e Serrat é un exemplo desta situación: Ti mércaslle unha entrada a Caixa Galicia para un concerto de duas horas e media, ainda non chegada a primeira hora suspendese (a razón neste caso é o de menos). ¿Quen arrisca?Quen debería perder ahi?
Os artistas?, por non querer mollarse.
Caixa Galicia?, que vende as entradas en exclusiva.
Cavea Producciones? Promotor (do grupo Caixa Galicia).
A aseguradora do espectáculo? Que seguramente sexa tamén do grupo Caixa Galicia (ou é que non había seguro para o espectáculo?).
O público? por crer nun sistema de mercado onde os consumidores teñen dereitos mercando estampiñas?
Fica claro ata agora quen son os únicos que nunca perden.
Labels:
Без рубрики
Friday, July 13, 2007
Monday, July 9, 2007
Wednesday, July 4, 2007
Subscribe to:
Posts (Atom)
