
Se vas a un restaurante, e cando estas a rematar o primeiro prato te din que non sirven máis porque lle entrou auga na cociña... non pagas.
Se vas a New York vía Madrid, e ó chegar a Madrid non aparece o avión para continuar viaxe... devólvenche os cartos.
Se o barbeiro te deixa a cabeza a medio cortar porque se sentiu indisposto... non pagas.
Se vas a un concerto de duas horas e media, e ós cincuenta minutos suspendeno porque chove... normalmente devolvese parte dos cartos ou adíase para outra data.
Os dereitos dos consumidores e usuarios é algo que coa democracia se foi mellorando e pulindo... Nembargantes, se a quen hai que reclamar e unha entidade financeira todo se pon costa arriba. O caso do concerto de Sabina e Serrat é un exemplo desta situación: Ti mércaslle unha entrada a Caixa Galicia para un concerto de duas horas e media, ainda non chegada a primeira hora suspendese (a razón neste caso é o de menos). ¿Quen arrisca?Quen debería perder ahi?
Os artistas?, por non querer mollarse.
Caixa Galicia?, que vende as entradas en exclusiva.
Cavea Producciones? Promotor (do grupo Caixa Galicia).
A aseguradora do espectáculo? Que seguramente sexa tamén do grupo Caixa Galicia (ou é que non había seguro para o espectáculo?).
O público? por crer nun sistema de mercado onde os consumidores teñen dereitos mercando estampiñas?
Fica claro ata agora quen son os únicos que nunca perden.
No comments:
Post a Comment