Un vello militante do Bloque, logo de asistir ó xantar da carballeira deste 25 de xullo preguntabase ó dia seguinte, mentras almorzábamos xuntos: Con estas caralladas de carpas para autoridades, catering, separacións por castes e indumentarias, os stands da mercadotécnia enchendo os espazos do campus... non estaremos indo no Bloque cara á división clásica da política galega de boinas e birretes? (ou mellor dito: con carguiño ou sen el).
Coidado coas formas, que se poden cargar ata as festas máis fraternais.
cabaseira
Friday, July 27, 2007
posibles precintados na zona vella
Onte á noite, tomando unhas cañas, alguén comentou de pasada que se ía iniciar unha batida de peches de locais na zona vella de Santiago. Nomeadamente falouse de que era paradóxico que a algún concelleiro do bloque lle ía tocar asinar o precintado dun histórico local de ambiente nacionalista que fica escaleiras arriba da Quintana de vivos.
Casualidade ou non, hoxe aparece esta nova no xornal local.
Labels:
Без рубрики
Friday, July 20, 2007
30 anos despois...
É secuestrada unha publicación en españa. Conde Pumpido, fiel á tradición de familia fascista coruñesa solicita á Audiencia Nacional que secuestre a revista "el jueves" disque por inxurias e calumnias á coroa e os seus descendentes...
Inxurias? Calumnias? Que pasa, que os príncipes non foden?, ou é que traballan moito?
Para que despois falen dos musulmáns...O único bo da nova é que con estas cousas a República fica duas cuartas máis perto.
Monday, July 16, 2007
Os únicos que nunca perden
Se vas a un restaurante, e cando estas a rematar o primeiro prato te din que non sirven máis porque lle entrou auga na cociña... non pagas.
Se vas a New York vía Madrid, e ó chegar a Madrid non aparece o avión para continuar viaxe... devólvenche os cartos.
Se o barbeiro te deixa a cabeza a medio cortar porque se sentiu indisposto... non pagas.
Se vas a un concerto de duas horas e media, e ós cincuenta minutos suspendeno porque chove... normalmente devolvese parte dos cartos ou adíase para outra data.
Os dereitos dos consumidores e usuarios é algo que coa democracia se foi mellorando e pulindo... Nembargantes, se a quen hai que reclamar e unha entidade financeira todo se pon costa arriba. O caso do concerto de Sabina e Serrat é un exemplo desta situación: Ti mércaslle unha entrada a Caixa Galicia para un concerto de duas horas e media, ainda non chegada a primeira hora suspendese (a razón neste caso é o de menos). ¿Quen arrisca?Quen debería perder ahi?
Os artistas?, por non querer mollarse.
Caixa Galicia?, que vende as entradas en exclusiva.
Cavea Producciones? Promotor (do grupo Caixa Galicia).
A aseguradora do espectáculo? Que seguramente sexa tamén do grupo Caixa Galicia (ou é que non había seguro para o espectáculo?).
O público? por crer nun sistema de mercado onde os consumidores teñen dereitos mercando estampiñas?
Fica claro ata agora quen son os únicos que nunca perden.
Friday, July 13, 2007
Monday, July 9, 2007
Wednesday, July 4, 2007
Subscribe to:
Posts (Atom)